ATENCION!! Eres profesor TIC?. Quieres publicar tus artículos u ejercicios. ünete a nuestra plantilla! AQUI

viernes, 23 de enero de 2026

Instalator. Unha nova forma de actualizar e instalar programas!



Boas a todos/as.

Xa levamos tempo sen publicar nada. Non é que nos estamos a facer nada, é que estamos metidos en moitas cousas a mar de interesantes e os proxectos abertos van coma un reloxio.

- O proxecto Bebian, "vai en popa e a toda vela", xa son máis de 5.000 equipos que utilizan a maqueta en todo o Mundo. Moitas grazas polo apoio e a difusión entre os tics de moitos centros de Galicia. Se non sabedes de que ando a falar, só tedes que visitar o link da maqueta de Linux máis cómoda e sinxela de utilizar en centros educativos, empresas e no fogar.

- O Script de Bebian que programamos no seu día para axudar ás empresas a configurar o os seus Linux Bebian e logo foi adaptado os Centros de ensino de Galicia, ven de sobrepasar as 15.000 descargas, dando fe de que o proxecto é de utilidade pública.


A presente entrada é para comunicarvos que a parte de Windows non a temos olvidada, así pois vos presentamos unha utilidade moi interesante.

Instalator e a nosa ferramenta de taller, que levamos uns meses desenvolvendo , e que nos permite instalar e actualizar en WINDOWS os principais programas que nos veñen demandando os nosos seguidores. En breve, comezaremos a adaptalo ós centros educativos, pois xa que sabemos que son un pouco máis especiais con respecto o software que precisan.

Aqui vos deixamos a páxina principal do proxecto en Github e o link de descarga directa

Agardamos que sexa do voso agrado no seu primeiro lanzamento o público en xeral.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Designed By
Diseño tic galicia