ATENCION!! Eres profesor TIC?. Quieres publicar tus artículos u ejercicios. ünete a nuestra plantilla! AQUI

martes, 15 de abril de 2014

Google Glass actualízase a KitKat e sae á venda por tempo limitado nos EE.UU.


Esta tarde, a partir das 15:00 horas, o programa Glass Explorer de Google vai ampliarse de xeito significativo ao permitir que cidadáns estadounidenses poidan adquirir por tempo limitado os populares lentes da compañía de Mountain View (podendo elixir entre varias monturas sen custo adicional) sen ter que recibir unha invitación previa, o que facilitará unhas probas máis amplas desta tecnoloxía en probas, aínda que continuará a ser un produto lonxe de estar listo para o mercado de consumo e cun prezo desorbitado (1.500 dólares máis impostos).
De cara a este importante momento, Google tamén vén de actualizar o software de Glass, que finalmente funciona con Android 4.4 KitKat, o que supón unha imporate mellora na fiabilidade e na autonomía do dispositivo, á vez que incorpora funcionalidades para facer máis doado desenvolver aplicación que aproveiten os lentes de Google.
A actualización de Glass tamén incorpora lotes de fotografías (ao moverse pola cronoloxía as fotografías e vídeos aparecen organizados en lotes diarios a petición dos usuarios), permite enviar fotografías tomadas con Glass en mensaxes de Hangout, integra un xeito cómodo de remitir suxestións aos desenvolvedores directamente dende os lentes, os comandos de voz aparecen agora ordenados en pantalla por tempo e frecuencia e, curiosamente, a funcionalidade de realizar videochamadas eliminouse temporalmente en vista do pouco uso que se facía da mesma (estudiarán como abordar este asunto dun xeito máis atinado segundo os comentarios que vaian recibindo por parte dos usuarios).

Fuente: http://www.codigocero.com/Google-Glass-actualizase-a-KitKat

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Designed By
Diseño tic galicia