ATENCION!! Eres profesor TIC?. Quieres publicar tus artículos u ejercicios. ünete a nuestra plantilla! AQUI

sábado, 26 de abril de 2014

Ensinar programación informáticas nas aulas


O colexio de enxeñeiros en Informática e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia imparten estes días un curioso curso para profesores de primaria e secundaria. Nel os profesores aprenden a ensinarlles aos nenos programación informática, algo que non resulta tan difícil como pode parecer.

Entramos nunha aula onde os alumnos son profesores de primaria e de secundaria que aprenden a ensinar a programar.

Movendo as pezas, ordenándoas, o usuario vai dando instrucións, vai programando.

"Programar é simplemente interactuar co programa e conseguir que faga cousas que ti lle mandes."
"Estou tentando que o boneco ande dun lado para o outro..."

Os profesores aprenden a usar esta tecnoloxía para despois aprendérllela a rapaces de cinco anos en adiante.

"Este tipo de tecnoloxía facilita que en moi pouco tempo os nenos sexan capaces de facer os seus propios proxectos."
"Calquera tipo de xogo. Xogando é como mellor se aprende. Calquera tipo de xogo, que relacione conceptos matemáticos o doutro tipo, enseguida o pillan, enseguida o fan."
"Un neno de 1º da ESO, si. Bueno, adoitan traballar en grupo. Este fixérono entre dous. Repártense o deseño e a programación."

Xogos, curtametraxes, videoclips, guías turísticas, aplicacións para dispositivos móbiles... Pódese facer de todo. O límite está na imaxinación.

"Nós cremos que ensinar programación a rapaces é moi importante e debería ser parte do programa educativo."
"Para que os rapaces pasen de ser espectadores tecnolóxicos, o que usa a tecnoloxía, e se convertan en creadores tecnolóxicos."

Creadores tecnolóxicos que aprenden e aprenderán a programar con software libre.

Fuente: http://www.crtvg.es/informativos/ensinar-programacion-informaticas-nas-aulas-802761

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Designed By
Diseño tic galicia